O pasado 25 de setembro, a OEITSS e URSAFFF, as institucións competentes respectivamente en España e Francia en materia de inspección e control de seguridade social asinaron un importante acordo sobre control e vixilancia transfronteiriza en materia de seguridade social.
Dicho acordo comprende o control da fraude en tres materias: a fraude na afiliación á seguridade social na determinación de lexislación aplicable, a fraude nas cotizacións dos traballadores desprazados e o control, puntual e non masivo, da fraude transfronteiriza nas prestacións da seguridade social. En todo caso, este control estará encamiñado á protección e o restablecemento dos dereitos das persoas traballadoras.
Ademais, esta cooperación materializarase comunicando de oficio as irregularidades que se comproben, realizando inspeccións conxuntas entre ambos os países e facendo un diagnóstico entre as partes implicadas para detectar situacións de fraude en ambos os países.
O acordo asinado en París supón un fito no camiño a unha mobilidade laboral máis xusta dentro da Unión Europea. Ademais, no futuro, a ITSS poderá chegar a acordos similares coas institucións doutros Estados, en concreto as institucións de control e vixilancia da lexislación de seguridade social de Portugal, Italia, Bélxica, Países Baixos e Alemaña.